Agochos


Moitos dos fuxidos pasaban as noites nas súas propias vivendas ou quedaban coas mozas en puntos de encontro.

En lugares coma os faiados empregaban as vigas de carballo para situarse enriba deles e pasar desapercibidos.

Tamén os fornos de pan con furados de entrada e saída, as cortes das vacas baixo o esterco, ou os colchóns feitos de follas de millo serviron de agachadoiros.