Raíña Lupa


Chegamos ó Pedrullo, parece como se fose unha canteira abandonada, aínda que son os restos do castelo costeiro de San Xurxo erixido contra os ataques marítimos dos viquingos e sarracenos.

A existencia desta mítica raíña galega está vencellada á do Apóstolo Santiago, que aparece redactada no Códice Calixtino.

A tradición popular conta que A Raíña Lupa habitaba nun Castelo do Monte Pindo, o Castelo de San Xurxo. Dise que á súa morte foi enterrada xunto ás murallas do Castelo.

​Outros afirman que esta raíña pagá foi sepultada baixo a “Laxe da Moa” con 7 millóns de ouro aos seus pés e outros 7 enriba da súa cabeza. Moitos son os que afirman que os “Guerreiros de Pedra” defenden os camiños de acceso a este rexio sepulcro.