RUTA DA MEMORIA
A Ruta da Memoria é unha ruta circular con final e principio no Fieiro, aínda que pode facerse como o usuario/a dispoña.
Para este obxectivo utilizamos a ferramenta da Realidade Aumentada, sen necesidade de app, coa cal premendo no seguinte enlace:
ou escaneando o QR pódese acceder á experiencia inmersiva.
Coa lectura do QR ou o enlace url teremos acceso a «RUTA MEMORIA«, e veremos un mapa cos puntos xeolocalizados.
Premendo na pestana superior móstranos unha lista da distancia á que nos atopamos dos diferentes puntos establecidos na capa de RA.
Dispón dunha icona, «Ver Ruta«, que a través dun mapa nos guía para chegar ó lugar onde se atopa o audio.
Cando esteamos dentro do radio de activación da AR aparecerá unha icona, «Ver AR«. Premendo e orientando e movendo o móbil (coma se estiveramos sacando unha fotografía sobre a imaxe real) móstranos unha das seguintes etiquetas (imaxe da esquerda) co nome de cada escena. Se prememos actívase o audio sobre a escena.