Falso Marrolas


Estamos preto da Torre, lugar onde naceron os irmáns Rodríguez Louro.

Manuel, coñecido como “Marrolas”, con 21 anos e seu irmán Joaquín, de 19 anos, foron protagonistas na fuxida no As de Sel.

Joaquín fuxiu da barbarie europea no barco Winnipeg que o levaría a Chile. O seu irmán Manuel e outros, foron deportados ós campos de concentración nazis.

Aquel pedregal onde xogaban de cativos, o pedregal que os acubillou do medo voltou de novo as súas vidas.

A Manuel, en chanzos e bloques de pedra na canteira do campo de Gusen, a cabeza deulle a volta. Foi gaseado no campo de Hartheim o 16 de setembro de 1941.

A Joaquín, en pedras da canteira na que traballaba en Chile, morrendo en estrañas circunstancias.