As de Sel


O porto do Sinal do Pindo, hoxe tranquilo e practicamente sen embarcacións, foi noutros tempos un

porto activo. Coas xeiteiras cargadas, carrexaban sardiñas para as fábricas de salgadura.

Eran xente nova e forte, os mariñeiros que escaparon ó monte por pedir melloras laborais.

Trece mozos entre 19 e 25 anos baixaron do pedregal para secuestrar o barco As de Sel no porto do Sinal no Pindo.

Puxeron rumbo norte aquel 16 de outubro de 1937 e chegaron a Bristol. A sorte estaba do seu lado, atopaban a liberdade.

Pero as autoridades inglesas expulsáronos do país. Había que elexir: a fronte republicana en España ou Francia.

Rematada a guerra, a nosa, outra vez o azar: campos de concentración no sur de Francia ou a fronte alemana.

Coa invasión francesa, moitos foron capturados e ingresados en campos de concentración nazi. A uns poucos tocoulles a lotería no barco fretado por Pablo Neruda rumbo a Chile.