Xelmírez


Divisamos o Pico de Penafiel practicamente dende todo o Monte Pindo.

No cume atópanse restos dunha antiga construción. Segundo as fontes da época, un castelo que foi construído polos Irmandiños. 

A máis antiga e incontestable é unha inscrición medieval gravada na base do Penafiel, ditada no S. XII polo arcebispo compostelán Xelmírez excomulgando «ese castelo de aí arriba» polas malfeituras das que a Igrexa acusaba á poboación local.

O curioso é que o Castelo de San Xurxo, contra quen en teoría se dirixía o castigo por ser o feudo de Rodrigo Pérez, conde de Traba, atópase xustamente nunha ladeira oposta do Monte Pindo.