Medo e compromiso


Eran prófugos do Exército e da Mariña de Guerra, mozos, moitos sen ideoloxía política definida, que non querían tomar parte no xogo dramático dunha guerra.

Había tamén algúns sindicalistas da fábrica de ferro-manganeso de Cee, mariñeiros de Muros, algúns obreiros cenetistas de Betanzos, así como algúns militantes de partidos políticos ou simplemente simpatizantes da Fronte Popular oriúndos da zona.

Refuxiáronse todos nas contornas do monte, ao sentírense perseguidos pola súa afiliación aos sindicatos anarquistas ou á UXT socialista, por ter desempeñado cargos sindicais ou políticos locais, ou, simplemente, por ser militantes de partidos republicanos ou de esquerda.

Simplemente tiñan medo á morte, sendo real este feito como lle ocorreu a Manuel Caamaño Bermúdez, morto por disparos cando tentaba fuxir.

Penas de cárcere e servizos militares de catro anos foron as condenas dos fuxidos ó Monte Pindo.